Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fariña

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/10/2019 ata o 26/10/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 e 23.00  h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

18,00 / 22,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida: 14,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20 %) (Familia numerosa: - 25 % (só no despacho de billetes))

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada).

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

Organiza:

Undodez SL - Aine Produciones SL - Oqueteño Media SL

Fariña non lles permite ás persoas espectadoras nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre a rapazada e a veciñanza das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea.

O fenómeno xa está en marcha.

O elenco de actores entran e saen da escena meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, a veciñanza máis nova probando a mercancía a escondidas...

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade. De pronto, en escena, escóitase acento colombiano e marroquí.

Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro.

E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia.

En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único.

Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que as persoas espectadoras fan ao saír do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: dia de función desde 1 hora antes (só se hai entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h / sábados de 14.00 a 22.00 h / domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión