Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festas María Pita 2016 - Loquillo

"As noites de María Pita" con Loquillo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/08/2016

Xa rematou

Horario:

22.00 h

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Organiza:

Concello da Coruña

Non hai día no que Loquillo non nos sorprenda. Non só pola súa continua actividade, senón pola calidade de cada un dos seus pasos. Se nos dous últimos anos nos entregou un gran disco en directo "El creyene", e a este lle seguiu un sorprendente álbum en compañía dos Nu Niles, onde elevou a palabra "rocker" ao número 1 de vendas. Concertos e máis concertos, miles e miles de seguidores e millóns de quilómetros avalan un repertorio imbatible liderado por unha figura que non deixou a primeira liña desde que aterrou neste mundo, alá polos comezos dos anos 80.

"Viento del Este" é o novo disco de Loquillo, e ao igual que o seu anterior "Código rocker" repite entrada na lista oficial de vendas no número 1.

O disco foi acollido polo seu público como un dos seus mellores traballos, cheo de rock e con cancións redondas como "Salud y rock & roll", "En el final de los días" ou "Rusty". Este recoñecemento a "Viento del Este" chega uns días despois de que Loquillo recibise o disco conmemorativo pola venda de máis de tres millóns de copias de toda a súa discografía, un fito ao alcance de poucos neste país.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión