Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festas María Pita 2016 - O.S.G. + Ane Brun

"As noites de María Pita" coa Orquestra Sinfónica de Galicia e Ane Brun. DIMA SLOBODENIOUK, director

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/08/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Organiza:

Concello da Coruña

A Orquestra Sinfónica de Galicia

Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de meirande proxección en España.

A OSG, cuxo director titular desde a tempada 2013-14 é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais, realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas e ciclos de concertos españois. No 2007 realizou a súa primeira xira por América do Sur, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo e a finais do 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena.

A OSG conta habitualmente con solistas coma Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Maria Joao Pires, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky ou Christian Lindberg, entre outros. Con ela cantaron Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Arteta, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe Sabbatini, entre outros moitos, e sempre baixo a batuta de mestres coma Lorin Maazel, Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Stanislaw Skrowaczeski, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Cobos, Osmo Vänskä, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck.

Na súa discografía para selos como EMI, DECCA, Koch, Naïve, BMG e Arts figuran nomes coma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco -con quen foi seleccionada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano-, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles, entre outros.

A OSG foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e é Premio Cultura Galega da Música 2010.

Ane Brun

Ane Brun é o nome artístico de Ane Brunvoll, unha compositora, cantante e guitarrista nacida en Molde, Noruega, o 10 de marzo de 1976. Viviu nas cidades de Barcelona, Oslo e Bergen. Actualmente vive en Estocolmo, Suecia.

O seu álbum debut, titulado "Spending Time with Morgan'" conseguiu moi boas críticas e foi lanzado en toda Europa en 2003. Foi seleccionado para os premios da música sueca Manifiesto 2003. O seu segundo álbum "A Temporary Dive" foi lanzado en Europa, EE.UU. e Xapón. Recibiu críticas positivas en todo o mundo, e deulle un Grammy noruegués á Mellor Artista Feminina de 2005. En novembro de 2005 lanzou "Duets" un álbum composto por 10 duetos con outros 10 artistas. O single "Lift me" coa banda norueguesa Madrugada deulle outro Grammy noruegués. Acompañárona neste álbum Teitur, Tobias Fröberg, Liv Widell, Wendy McNeill, Ron Sexsmith, Syd Matters, Tingsek, Ellekari Larsson de The Tiny, Madrugada e Lars Bygden. Durante o inverno boreal de 2007 lanza o seu primeiro disco en vivo, "Live in Scandinavia" con novos arranxos dos seus 3 primeiros discos. En 2008 lanza un novo álbum '"Changing of the Seasons", producido por Valgeir Sigurdsson (Björk, Múm, Bonnie Prince Billy, Coco Rosie) e ao ano seguinte "Sketches" coas versións acústicas do anterior. O seu primeiro DVD é lanzado en 2009, "Ane Brun live at Stockholm Concert Hall" e rexistra os seus concertos de Estocolmo de outubro de 2008. En 2010 é a artista soporte da xira mundial de Peter Gabriel, New Blood, e foi cantante na orchestra New Blood e parte do disco "New Blood". Canta o dueto "Don´t Give Up" con Peter Gabriel na versión orchestral. En 2011 lanzou o seu disco "It All Starts With One" en Europa, EE.UU., Australia, Nova Zealand e máis. Ane Brun foi sempre unha artista independente, coa súa mesma label Balloon Ranger Recordings. Celebrou 10º aniversario en 2013 e lanzou dous coleccións "Songs 2003-2013" e "Rarities".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión