Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festas María Pita 2016 - Orquestra Joven O.S.G.

"As noites de María Pita" coa "Orquesta Joven" da O.S.G. GUSTAV MAHLER - Sinfonía nº 1 con DIMA SLOBODENIOUK, director

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/08/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Organiza:

Concello da Coruña

Desde a súa fundación en 1994 a "Orquesta Joven" da Sinfónica de Galicia permitiulles a centos de mozos/as instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Víctor Pablo Pérez, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, James Ross ou Joan Company, entre outros.

A Orquesta Joven participou como orquestra de foso no Festival Mozart da Coruña, -no que baixo a dirección de Alberto Zedda interpretou a ópera barroca "Los amores de Apolo y Dafne", interpretación que a discográfica Naxos acaba de publicar-, compartiu escenario coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Sinfonía nº 8 de Gustav Mahler e ofreceu concertos sinfónicos en Madrid, San Sebastián, Murcia, Valencia, León, Segovia, Xerez, Xavea e Concentaina.

Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, a Orquesta Joven supón unha das poucas posibilidades reais de achegar os/as futuros/as profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. A mocidade recibe unha completa formación musical por medio do traballo ao lado dos profesores instrumentistas da OSG, das innumerables clases maxistrais de grandes profesores e intérpretes -nas que participaron artistas coma Wolfgang Klos, Anne Gastinel, Geneviéve Laurenceau ou Mario Brunello, entre outros moitos- e do contacto diario co atril nos tres encontros anuais de que consta cada curso e nos que se abarca un repertorio que vai dende a música barroca ata a dos nosos días.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión