Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festas María Pita 2016 - Ute Lemper

"As noites de María Pita" con Ute Lemper

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/08/2016

Xa rematou

Horario:

22.00 h

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Organiza:

Concello da Coruña

Ute Lemper, unha das divas da canción europea, naceu en Münster, e aos 9 anos xa deambulaba arredor do piano da súa nai, cantando e bailando. Tras estudar música en Viena, Colonia e Berlín, Andrew Lloyd-Weber ofreceulle participar en 'Cats', o seu primeiro gran papel. A partir de aí crece a súa lenda: descobre a Kurt Weill, canta as cancións de Marlene Dietrich e Edith Piaff, e en 1987 realiza a súa primeira xira mundial. Canta para Michael Nyman, Jacques Prévert ou Steven Sondheim, pero ningunha faceta do creativo lle é allea: escribe, actúa, pinta... en resumo, unha artista única. Despois de Between Yesterday and Tomorrow, publicou Paris Days, Berlin Nights. A cantante alemá alterna os espectáculos Last Tango in Berlín e Forever: The Love Poems of Pablo Neruda nos seus directos.

Virá co espectáculo last Tango in Berlín, que recrea unha viaxe musical entre París, Berlón, Bos Aires e Nova York, mesturando cabaré, tango, jazz e chanson.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión