Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festas María Pita 2016 - XVI Festival Manicómicos

O Festival Manicómicos mistura comedia, teatro e circo contemporáneo, centrándose nas artes escénicas na rúa, coa exhibición de espectáculos para todas as idades, desde a infancia e a mocidade até persoas adultas, co obxectivo de chegar ao maior número posible de público, tanto nas rúas e prazas como nos barrios.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/08/2016 ata o 14/08/2016

Xa rematou

Organiza:

Concello da Coruña

Documentos:

programa-man-XVI-festival-manicomicos.pdf (1 MB)

Desenvolverase en dez puntos distintos da cidade, tendo en conta ademais as accións de promoción que terán lugar os días 4, 5 e 6, nos que varios grupos de clowns percorrerán a cidade, tanto a pé como mediante o transporte público urbano e interactuarán coa xente nas rúas, mercados, prazas e buses. Os espazos nos que se actuará nesta XVI edición serán o Parque de Santa Margarita, a Praza de Vigo, Campo da Leña, Obelisco, distintas liñas de buses urbanos, Paseo Marítimo e zona centro da cidade, ademais dos mercados municipais das Cochiñas, Praza de Lugo e San Agustín.

O festival contará en total coa participación de 11 compañías de teatro e circo, que realizarán 18 funcións específicas. Ademais, durante a última xornada, na tarde do domingo 14 dará comezo a gala final do XVI Festival Manicómicos, realizada polas e polos compoñentes da asociación, así como invitados sorpresa. Nesta ocasión terá lugar no Anfiteatro do Parque de Santa Margarita. 

más info

Festival Manicómicos

Día 11    Chipolatas . "Gentlemen of the road"   OBELISCO ás 18.30 h

               Cía Lepuant Clown . "Solo... y nublado"  OBELISCO ás 19.30 h

               Trapu Zaharra . "La conga"   OBELISCO ás 20.30 h

                Pistacatro . "Impreuna"   PRAZA DE VIGO ás 22.00 h

Día 12    The Blue Grampas .  "Route 66"   CAMPO DA LEÑA ás 12.00 h

                Cía Lepuant Clown . "Solo... y nublado"  CAMPO DA LEÑA ás 13.00 h

                3 patas para un banco . "La burla negra"   CAMPO DA LEÑA ás 18.30 h

                Chipolatas . "Gentlemen of the road"   CAMPO DA LEÑA ás 19.30 h

                Trapu Zaharra . "La conga"   CAMPO DA LEÑA ás 20.30 h

                Vol' e Temps . "Mundos de papel"   CAMPO DA LEÑA ás 22.00 h

Día 13    The Blue Grampas .  "Route 66"   CAMPO DA LEÑA ás 12.00 h

                Mereclown . "Mere-cidamente"  CAMPO DA LEÑA ás 13.00 h

                Gli'Indignati . "Don Giovanni"   PRAZA DE VIGO ás 18.30 h

                Vol' e Temps . "Mundos de papel"   PRAZA DE VIGO ás 19.30 h

                La Industria Teatrera . "Náufragos"   PRAZA DE VIGO ás 22.00 h

Día 14    Mereclown . "Mere-cidamente"  OBELISCO ás 12.00 h

                La Mano Jueves . "Ricky, el profesor de tenis"   OBELISCO ás 13.00 h

                Gala Manicómicos . PARQUE DE SANTA MARGARIDA ás 18.30 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión