"Goyo, cando vas facer máis monólogos de americanos?, cando vas facer máis monólogos de americanos?..."
Non recomendado para menores de 16 anos.
Prohibida a entrada a menores de 8 anos.
Para público en xeral
Dende o 08/11/2019 ata o 09/11/2019
Xa rematou
Día 8 - 21.00 h / día 9 - 19.30 h (pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)
120 min aprox.
18,00 / 20,00 / 22,00 € (1ª fila de principal, VR (visibilidade reducida), 16.00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: - 25% (só en despacho de billetes))
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
(Se vostede compra entradas con desconto en despacho de billetes debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao teatro)
(Se vostede compra entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
Etiqueta Negra Producciones SL
Pois queridas e queridos, o momento que todos estabamos a esperar xa está aquí, quince anos despois da estrea do espectáculo Aiguantulivinamérica, chega a segunda entrega da saga de monólogos máis celebrada, chega... Aiguantulivinamérica 2.
Si, damas e cabaleiros: volven as comparacións entre o fabuloso modo de vida estadounidense e o, digámolo así, menos glamouroso ir tirando dos españois. Volve Mike, Joe, Susan, o pequeno Timmy e unha chea de novos personaxes, metidos de cheo en situacións absurdas que a todos nos soan e fascinan. Volve o surrealismo, o disparate, a complicidade e o enxeño mesturados a partes iguais. Pero, sobre todo, volve o único e inimitable experto en asuntos americanos, Goyo Jiménez. Ao seu lugar favorito, ao fogar dos valentes, á terra da liberdade.
Valo perder? God bless you and bless America!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible