Por segunda vez, a Asociación de Artistas presenta na Coruña o seu Salón de Outono.
Para público en xeral
Dende o 10/10/2018 ata o 01/11/2018
Xa rematou
- martes a sábado: 11.00 a 13.30 h e de 18.00 a 20.00 h
- domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
Mostra que reúne os traballos dos seus artistas asociados e que como xa anunciabamos hai dous anos, ao convocar o primeiro deles, ten un carácter bianual.
Ao ser unha exposición colectiva, caben nela toda clase de tendencias diferentes porque diferentes son os artistas participantes e diferentes poden ser tamén as técnicas utilizadas. Iso evidencia que a nosa asociación non é un colectivo cerrado a unha determinada maneira de entender a arte, senón que no seu seo caben toda clase de manifestacións artísticas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible