24º CONGRESO ESTATAL DE ASTRONOMÍA
Otro tipo de público
05/12/2020
Xa rematou
20.30 h
Acceso gratuíto con inscrición previa
Jocelyn era unha estudante de doutoramento cando, en 1967, atopou un sinal periódico entre os rexistros dun telescopio. Foi a primeira detección dun púlsar, un descubrimento de enorme importancia que mereceu un Premio Nobel de Física... pero non para ela, senón para o seu director de tese, na que é unha das maiores controversias científicas da historia do Nobel.
Ela é hoxe en día un referente da astronomía, cunha traxectoria investigadora, docente e de compromiso activo en favor da educación e a igualdade de oportunidades que estará na Coruña, no marco do XXIV Congreso Estatal de Astronomía.
É preciso inscribirse para asistir á súa conferencia. Inscrición: https://xxivcea.es/é/inscripcion/#conferencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible