Concello da Coruña

Concello da Coruña

Juan Luis Guerra na Coruña coa xira 2017

"Todo tiene su hora"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/07/2017

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • Premium:100,00 €
  • Pista: 80,00 €
  • Tendido baixo (localidades numeradas): 60,00 €
  • Tendido medio (localidades numeradas): 50,00 €
  • Tendido alto (s/n): 40,00 €

(As canles de venda oficial son as únicas que garanten a validez das entradas)

Televenda:

Ticketea

As entradas para o concerto da Coruña, que terá lugar o 20 de xullo no Coliseum, póñense á venda mañá MÉRCORES día 26 ás 10 h a través de Ticketea, Clicktaquilla e o despacho de billetes da praza de Ourense.

Unha vez finalizada a prevenda das localidades de pista e Premium, con preto do 50% da capacidade despachada neses sectores, MAÑÁ POÑERANSE Á DISPOSICIÓN DO PÚBLICO A TOTALIDADE DA CAPACIDADE, INCLUÍNDO AS LOCALIDADES DE BANCADA.

Juan Luis Guerra non necesita presentación, é un dos artistas latinos máis importantes da música, referencia e icona que acumula un número 1 tras outro. Leva anos facendo a banda sonora da nosa vida. Máis de 8 millóns de seguidores en Facebook e 6 millóns de seguidores en Twitter non poden estar equivocados, faite o agasallo de vivir unha noite inesquecible cantando con Juan Luis Guerra as cancións que sabes de memoria como "Burbujas de amor", "Bachata rosa", "La bilirrubina", "Ojalá que llueva café", "Visa para un sueño" e mil máis. Non o perdas!

E é que Juan Luis Guerra está sen ningunha dúbida no mellor momento da súa carreira, superando os seus récords de vendas con cada disco novo, un superheroe, levando a súa música arredor de todo o mundo cunha xira de concertos espectacular que encheu e colgou o cartel de non hai entradas sempre. Máis de 650 millóns de reproducións en Youtube, por non falar das máis de 950.000 persoas que escoitan as súas cancións ao mes en Spotify... ídolo de masas e un dos máis grandes da música, Juan Luis Guerra está chegando á cidade coas súas cancións de sempre, as que fixeron a banda sonora das nosas vidas... E estamos desexando velo en directo!

España, e concretamente a cidade da Coruña, está de en hora boa coa visita de Juan Luis Guerra, unha das personalidades máis importantes da música que non se esquece do agarimo que esta terra ten por el. Son trece discos xa os que este xenio publicou, e cada ano está mellor e con máis ganas, un auténtico señor do merengue, salsa e son. Juan Luis Guerra cada día está máis preto, e as entradas esgotaranse. Non o penses nin un minuto máis!

TODA A INFORMACIÓN OFICIAL EN WWW.JUANLUISGUERRA.COM.

(As canles de venda oficial son as únicos que garanten a validez das entradas)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión