3º espectáculo de BEBESCENA. Un xogo de cores, formas e volumes transfórmase nun bosque de emocións.
29/09/2013, de 11:00 a 13:30
Xa rematou
11.00 e 12.30 h.
45 minutos
Entradas: 6 € e abono 3 familiar (como mínimo 1 adulto e 1 menor) 15 €.
Os menores de 3 anos non pagan entrada.
Aforamento reducido: 100 prazas
Público infantil, de 1 a 3 anos.
No espazo de xogo, dous actores proxectan cores, formas e volumes, para debuxar un universo sensorial sobre o branco orixinal. Xuntos descobren o pracer de crear e mirar as imaxes mentres convidan os pequenos espectadores a viaxar, xogar, descubrir, imaxinar e soñar. Con eles, todo se move, todo cambia!
Un xogo de construcións que se transforma nun bosque de emocións, proxeccións que dan vida a un pequeno museo de imaxes, luces que debuxan paisaxes sensibles, sons que inspiran encontros xoguetóns... un mundo dá paso a outro mundo.
Intérpretes: Rosa A. García e Javier Fernández ou GeofFrey Magbag.
Dirección: Charlotte Fallon.
Autores: Rosa A. García, Charlotte Fallon, Marc Cerfontaine.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible