Concello da Coruña

Concello da Coruña

"LA FAMILIA TRADICIONAL". Abubukaka

Unha visión disparatadamente comprometida da historia na actualidade, unha historia que comeza cos preparativos de benvida ao novo sol e remata dalgunha maneira que non adiantaremos pero que implica suar a camisa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/04/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Abubukaka embárcase neste proxecto chamado "La familia tradicional" coa intención de explorar novos camiños satíricos, caricaturescos e, por suposto, humorísticos. Aínda que ata agora Abubukaka caracterizouse por sacar punta á realidade a través de sketchs independentes dispostos en secuencia, "La familia tradicional" dá asilo a todo o xenio cómico da compañía nunha mesma liña argumental.

Esta liña mergúllase nas profundidades desta España nosa, que tantas rémoras do pasado arrastra, para sacar á luz as reliquias sociais do S.XX ibérico e reflectilas no espello cóncavo da recentemente estreada España de Felipe VI. Hai conflitos territoriais a ritmo de rumba, poderes fácticos sedentos de romarías, interrupcións voluntarias do embarazoso, primarias para primos, asemblearios en asembleas asemblearias, peites electorais, plataformas con purpurina, sombras de cruzamentos e interseccións que están en vermello.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión