Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de marzo de 2017

A rede municipal de bibliotecas colabora co Festival Atlántica de Narración Oral, que chega a vindeira semana á Sagrada Familia e a Casa da Cultura Salvador de Madariaga

O programa inclúe dous espectáculos de carácter gratuíto na cidade, un dirixido a público infantil, que terá lugar este xoves, día 16, e un segundo para público adulto, o venres 17

O Concello, a través da rede municipal de bibliotecas, colabora nesta edición co Festival Atlántica de Narración Oral, que se desenvolve entre os vindeiros días 15 e 19 e que este ano se estrea na Coruña con dous espectáculos gratuítos destinados a público infantil e adulto. A función dirixida a nenas e nenos, que leva o título 'Contos do Atlántico para nenos e nenas valentes', terá lugar o vindeiro xoves, día 16, ás 18.30 horas, na biblioteca da Sagrada Familia e contará coas intervencións de Cláudia Fonseca (Brasil) e Fátima Fernández (Galicia). Na sesión, as dúas artistas ofrecerán ao público miúdo un repertorio de historias en galego e castelán. Pola súa banda, o espectáculo dirixido a persoas adultas será o venres 17 de marzo, a partir das 20.00 horas, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, e correrá a cargo de Valter Peres (Azores), Vitor Fernandes (Tras Os Montes) e Charo Pita (Galicia), que protagonizarán 'Mar e montaña. Contos do Atlántico', tamén en galego e castelán. As dúas actuacións son de balde para as persoas que queiran asistir.

O Festival Internacional de Narración Oral naceu no ano 2013, coa vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista, e co obxectivo de indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural compartida e das historias que foron difundidas polos camiños do mar. Nesta súa quinta edición recalará, ademais de na Coruña, en Santiago, Ourense, Vigo, Ferrol, Lalín e Teo. Toda a información sobre o festival está dispoñible na web http://festivalatlantica.com.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión