Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xuño de 2017

A Sala Municipal de Exposicións en Palexco inaugura esta tarde a mostra 'Eclipse sirio', do artista Ali Ali

O edil de Culturas, José Manuel Sande, asistirá ao acto de apertura da mostra, que inclúe traballos do artista sirio afincado na Coruña

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugurará esta tarde, ás 20.00 horas na Sala Municipal de Exposicións en Palexco, a mostra Ali Ali. Eclipse sirio, un traballo que recolle cadros, fotografías, esculturas e instalacións realizadas nos dous últimos anos polo artista, que reside na Coruña, cun sentido común: dar conta do horror que está a sufrir a poboación de Siria por mor da guerra civil que se está a desenvolver no país. A exposición, que se poderá visitar desde hoxe e até o 25 de xullo todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, relata a situación que viven miles de refuxiados e refuxiadas en Europa pero, á vez, tamén recrea os contos e as historias locais sirias. A pesares da dureza do tema, este traballo leva ao seu autor, sen renunciar ao seu estilo, a gañar en expresionismo, tanto temática como formalmente.

Eclipse sirio é unha das exposicións que estes días acollen diferentes salas de exhibición municipal, baixo o paraugas da programación da iniciativa Acampa pola paz e o dereito a refuxio. Así, desde onte, no Kiosco Alfonso poden verse os traballos fotográficos de Ricardo García Vilanova, Juan Teixeira, Felipe Carnotto, Adrián Irago e Xosé Abad --e no seu exterior, nas piscinas, os debuxos flotantes de Daniel Remeseiro--, mentres que a sala da Casa de Cultura Salvador de Madariaga acolle a obra de Juan Medina, Sergi Cámara e Andrea Torres. Pola súa banda, a Casa Museo Casares Quiroga reúne debuxos do campo de Katsikas.

Para máis información sobre a programación de actividades que ofrece Acampa pode visitarse a páxina web www.acampa.eu.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión