Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de decembro de 2017

A VIII Carreira San Silvestre congregará este domingo a máis de 4.000 participantes nunha cita deportiva “cun marcado sentido lúdico e un importante crecemento”

O concelleiro José Manuel Sande presentou hoxe a proba, que se realiza en colaboración co Consorcio de Turismo, “de cara a reforzar tamén o turismo deportivo, que é clave para a cidade”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou este xoves a VIII Carreira de San Silvestre da Coruña, que se celebra este domingo, 31 de decembro, unha proba "cun marcado sentido lúdico, non só deportivo, e que vén de experimentar un importante crecemento", organizada polo Concello e o Club Deportivo Rialto. Por primeira vez nesta edición, a cita desenvólvese a través da colaboración da área municipal de Deportes e o Consorcio de Turismo, tal e como salientou esta mañá a xerenta de Turismo, Lanzada Calatayud, quen destacou o reforzo que esta cita supón para o turismo deportivo, "que é un sector clave para esta cidade", tendo en conta que un 20% dos e das inscritas desta edición veñen de fóra do municipio. Do mesmo xeito, Calatayud puxo de relevo o esforzo promocional en torno a este evento deportivo, "para aproveitar que este ano, o 31 de decembro coincide cunha ponte longa que facilita o city break, tan interesante para unha cidade como A Coruña".

A proba, á que concorrerán máis de 4.000 participantes -un 35%, mulleres- sairá ás 17.00 horas do Obelisco nun percorrido de 6.750 metros que a levará polo Cantón Pequeno, Juana de Vega, a praza de Pontevedra e Modesta Goicouría, antes de xirar cara ao Paseo Marítimo (en sentido contrario á marcha polos carrís pegados ao mar) e a Torre de Hércules, e continuar polo Paseo Marítimo ao lado do mar ata as Ánimas, Porta Real, María Barbeito e, finalmente, María Pita, onde se situará a meta.

Tamén participou na presentación, xunto aos e ás representantes das patrocinadoras -Abanca, Coca-Cola, La Opinión, Emalcsa e Termaria- o organizador da carreira, David Iglesias, quen avanzou as actividades complementarias que se desenvolverán entre mañá e o sábado de maneira gratuíta no hall da Casa da Auga, de forma ininterrompida entre as 10.00 e as 21.00 horas, e quen quixo destacar o percorrido desta última cita deportiva do ano, "que pretende dar valor ao máis representativo esta cidade, como é todo o seu litoral".

Con motivo da realización da proba, desde as 15.30 horas produciranse cortes de tráfico na avenida da Mariña, en sentido saída, de xeito que o tráfico se desviará cara á avenida do Porto, e desde as 16.45 horas quedarán pechadas todas as rúas de acceso ao itinerario. Deste xeito, entre as 16.45 e as 17.30 aproximadamente, haberá cortes na avenida da Mariña, Cantóns, Juana de Vega e praza de Pontevedra, mentres que o peche de rúas no Paseo Marítimo, entre a glorieta das Catalinas e a de Curros Enríquez, prolongarase até as 17.45 horas. Contra as 18.30 horas quedará libre o acceso a Durmideiras. As rúas iranse abrindo ao tráfico conforme a cola da carreira vaia rebasando os cruces.

En canto ao servizo de buses, os cortes de tráfico afectarán, desde as 15.30 horas, ás liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A, que pasarán a circular desde a praza de Ourense pola avenida do Porto, en ambos sentidos de circulación, con parada provisional á altura do Kiosco Alfonso -a excepción da liña 5, que a volta realizaráa no seu itinerario habitual, pola rúa San Andrés-. Tamén anto as liñas 3 como 5 deberán desviaranse, durante a celebración da proba, desde San Amaro, para continuar pola avenida de Navarra, rúa da Torre, Campo da Leña, San Andrés e praza de Pontevedra. En canto á liña 3A, manterá o itinerario habitual, pero sen baixar a Durmideiras durante o paso dos e das corredoras. Os horarios dos buses poderán verse afectados pola realizacion da carreira, que causará cortes de tráfico puntuais entre a praza de Pontevedra e San Andrés polo paso dos e das participantes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión