Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lugrís, paredes soñadas

Unha exposición que repasa o traballo realizado por Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo, 1973) como decorador de espazos, con fondos procedentes da Colección de Arte ABANCA e a Colección de Arte de Afundación, ás que se suman obras doutras importantes coleccións públicas e privadas como as da Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia, o Museo de Pontevedra, a Universidade de Santiago de Compostela ou AECID, entre outras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 31/03/2017 ata o 03/09/2017

Xa rematou

Horario:

Luns a venres de 12.00 a 21.00 h

Sábados e festivos de 10.00 a 21.00 h

Domingos, 11.00 a 15.00 h

Enderezo:

AFundación. Cantón Grande 8. 15003 A Coruña

Prezo:

gratuíta

Este proxecto expositivo, producido por ABANCA, celebra a restauración realizada pola propia entidade do mural Vista da Coruña 1669, pintado por Lugrís para decorar o Banco Hispano-Suízo, situado na rúa Real da cidade herculina. Tras meses de intenso traballo de rehabilitación, o mural xa loce no acceso á sede principal do banco, pola rúa Olmos. Con motivo desta restauración, a entidade organiza esta mostra, comisariada por Rubén Ventureira, xornalista e investigador da obra do artista, para reivindicar a figura de Urbano Lugrís dentro da historia da arte galega.

«Lugrís, paredes soñadas» recolle un total de 106 obras, moitas delas nunca exhibidas, como o bosquexo realizado polo artista para a igrexa de San Pedro de Visma (un proxecto que finalmente non levou a cabo); o óleo Stella Maris, para a Confraría de Pontedeume; os vidros decorativos dunha celosía deseñados para unha vivenda da Coruña; un gran mural que pintou no Sanatorio Álvarez, en Santiago de Compostela; ou debuxos de letras e doutro tipo que fixo para a revista Vida Gallega.

Entre as obras expostas destacan as realizadas polo pintor para decorar espazos tan variados como o desaparecido Hotel Embajador (A Coruña), a igrexa de Vilaboa (Culleredo), o Gran Hotel de Vigo ou a fábrica de conservas Massó (Bueu), entre moitas outras. Destaca tamén o Retablo do descubrimento, un políptico composto por trece táboas procedente do antigo Instituto de Cultura Hispánica de Madrid que hoxe se atopan na sede da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Outra das novidades desta exposición é a posibilidade de realizar un tour virtual polas desaparecidas pinturas do retablo da Capela dos Santos Reis de Bueu, un proxecto que o propio Lugrís definiu como a súa «obra integral como artista», xa que el mesmo trazou os planos e deseñou a súa ornamentación.

A mostra complétase cunha extensa publicación en que se recompila a historia da pintura mural Vista da Coruña 1669, onde se explica con detalle todo o proceso de restauración. A continuación, ofrécese ampla información da inxente obra por encargo realizada polo artista para decorar diferentes espazos públicos e privados, e finaliza co catálogo das obras que conforman a exposición.

Visita guiada mural Lugrís ABANCA: martes e xoves (non festivos) de 18.30 h e mércores (non festivos) 19.00 h. Sen reserva previa. Punto de encontro en oficina ABANCA, rúa Olmos, 26.

Visita guiada exposición Sede Afundación: martes e xoves (non festivos) 19.30 h e venres (non festivos) 19.00 h. Sen reserva previa.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión