A representación da muller na obra de Luis Seoane constitúe un dos temas máis recoñecibles no seu traballo.
Dende o 03/06/2014 ata o 28/09/2014
Xa rematou
De martes a sábado de 11 a 14 e de 17 a 20 h. Domingo de 11 a 14 h. Luns pechado.
Gratuíta.
Dende as numerosas campesiñas que reflicten o cotián dos oficios e costumes tradicionais ao simbolismo da Mater Galleciae, Seoane utiliza a figura feminina como campo de experimentación artística e personificación dun pobo e unha cultura.
Luis Seoane. Arquitectura do desexo ofrece unha visión inédita sobre a obra do artista galego, a través dunha estudada selección de óleos, debuxos e gravados nos que se aborda o espido feminino como obxecto de desexo, dende a década dos 40 ata finais dos anos setenta.
Dende as imaxes figurativas dos seus comezos, pasando pola abstracción dos anos 50 e 60 ata o retorno final a unha figuración máis esquemática, o percorrido expositivo mostra tanto a habilidade e evolución técnicas do artista en diferentes soportes como a beleza e sutileza dunhas imaxes que desempeñan un papel clave dentro da produción artística de Luis Seoane.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible