#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Persoas adultas
Dende o 16/03/2020 ata o 12/03/2020
Xa rematou
Cancelado
Das 19.00 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Charla informativa organizada pola Asociación de Veciños Oza Gaiteira Os Castros sobre sobre o maltrato animal a cargo de Rubén Pérez Sueiras.
A iniciativa da Asociación para concienciar á veciñanza contra o maltrato animal, vaise celebrar esta actividade na que se falará da lexislación vixente e os dereitos dos animais. Buscando o respecto, a defensa e a protección dos animais.
Rubén Pérez Sueiras
Diplomado en Traballo Social e Posgrao en Dirección e Planificación de ONG, traballa como consultor de incidencia política para a Fondation Franz Weber e a Asociación Animalista Libera!. Tamén é portavoz da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas. É secretario técnico de Benestar Animal de Podemos Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible