"Luppo" de Baobab Teatro, un conto marabilloso sobre sentimentos e emocións. Fala do ciclo da vida, do apego cara ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores e da importancia das historias que construímos ao longo da nosa vida.
Para público en xeral
07/05/2017
Xa rematou
18 horas
Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto do mediodía, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción.
Ten un amigo, Tulún, un neno que tamén todos os días lle leva o pan, as especies e o xornal. E todos os días Luppo relátalle unha historia da súa vida a Tulún. Unha mañá Tulún chega coa compra e Luppo non está...
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible