Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xuño de 2018

Máis de 80 clubs de lectura da área metropolitana celebran o fin de curso cunha xuntanza literaria co último premio Nadal de novela

O alcalde e o concelleiro de Culturas participan esta tarde no acto, no que Ferreiro destaca o labor fundamental que teñen estes grupos na difusión cultural e para a participación da cidadanía

O servizo municipal de bibliotecas celebra hoxe un encontro con clubs de lectura da área metropolitana da Coruña no que participa o último premio Nadal de novela, Alejandro Palomas, e a poeta Dores Tembrás, e que servirá como colofón ao traballo feito polos clubes durante este curso. O alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, interveñen tamén no acto, que se celebra no Centro Ágora. Na xuntanza participan os 82 clubs de lectura da contorna da cidade, que suman 1.066 membros, dos que 21 forman parte das actividades que ofrecen as bibliotecas municipais. Hai tamén representantes dos grupos formados en bibliotecas de Oleiros, Culleredo, Arteixo e Cambre, a que a Xunta mantén na Coruña, a da Deputación provincial, da Universidade da Coruña, o Museo de Arte Contemporánea de Fenosa, centros escolares e librerías da cidade.

O alcalde destaca o labor da rede municipal de bibliotecas, "espazos que exercen como verdadeiros centros culturais nos barrios",  e o seu arraigo na cidadanía. "Mostra disto e tamén da excelencia do seu traballo son os clubs de lectura, unha ferramenta fundamental na difusión cultural pero tamén para a socialización e a participación da cidadanía", apunta. Neste sentido, Ferreiro lembra que o "feito diferencial que supón para a cidade contar con 21 clubs de lectura nas súas bibliotecas, con algún deles especializados en temáticas como autores e autoras galegas ou o primeiro club de lectura de temática LGTBQI de Galicia e o segundo de España".  

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión