Concello da Coruña

Concello da Coruña

“Media de callos" de Tiruleque

Dende tempos inmemoriais, o home (e a muller) ou viceversa, tiveron a necesidade de expresar as súas emocións e os seus estados de ánimo cara ao exterior, en ocasións sen motivo aparente... ou si

A quen vai dirixido?:

+ 12 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/09/2016

Xa rematou

Horario:

  • 20.30 h (Prégase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala).

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3'00 €  (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, 2'00 €)

**Para a aplicación dos descontos é imprescindible a presentación do documento que acredite o desconto

Televenda:

Ticketea

Simplemente pola necesidade de sentirse libres, sen ataduras de ningún tipo, onde o proceso de creación intelectual servira para identificarnos e á vez diferenciarnos dos nosos semellantes e sobre todo fomentar un vínculo afectivo no que todos nos sintamos participes dun proxecto en común; neste caso, un prato de callos. A dor, a paixón, o erotismo, o exhibicionismo, a transgresión, a orixinalidade, a impudicia, a imaxinación e por enriba de todo o AMOR Ó ACTOR E Á SUA CAPACIDADE INTERPRETATIVA danse da man neste inclasificable proxecto de Tiruleque que mestura cine e teatro, e onde o espectador, a través de retallos de películas famosas e coñecidas, sentirase cómplice e participe dun elenco de 13 actores e actrices, coas súas vivencias e co seu compromiso sobre o escenario, durante unha hora e pico... E cando sintas que estás gozando co espectáculo. MANlFÉSTAO, porque todos somos TEATRO... E O TEATRO É VIDA.

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

- Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

- Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h)

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión