Un evento único e irrepetible, onde presentaremos o "Disco máis inclusivo da historia", no que todas as persoas participantes colaboraron durante estes últimos meses para facer realidade un soño. (As/os artistas asinarán autógrafos no disco, á saída do concerto).
Para público en xeral
02/05/2019
Xa rematou
20:00 h
Palacio da Ópera A Coruña . Rúa Uruguay 2, A. 15004 A Coruña
libre
Coa Banda Municipal de Música, un colectivo de 70 artistas de diversidade funcional pertencentes ás seguintes entidades sociais: Adaceco, Adcor, Aind, Capd, Cogami e Once, que realizaron os talleres con Robert Pier, creador dos mantras ambientais que interpretaremos con arranxos de Simón García, a dirección de Juanjo Ocón e a colaboración dos coros, Ludus Tonalis, Sotto Voce, Grupo Vocal EntrElas, Ceip San Pedro de Visma e a artista Lydia Botana.
Todo iso grazas ao apoio do programa "Cultura Accesible e Inclusiva" da Fundación Emalcsa e do Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible