Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Convento de San Francisco Testemuñas Esquecidas

I Congreso Internacional de jóvenes investigadores de A Coruña.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Los días 05/10/2017, 06/10/2017, 07/10/2017

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Inscrición Gratuita

Duración:

3 días

Dirección:

Palacio de Capitanía de A Coruña . Plaza de la Constitución 5. 15001

Precio:

Inscrición Gratuita

Envía un correo a cxoven.investigadores.coruna@gmail.com indicando:

- Nome completo

- Documento Nacional de identidade

- Teléfono

- Correo

Documentos:

Dossier (1 MB)

A entidade organizadora e coordinadora do I Congreso Internacional de Xóvenes Investigadores de A Coruña é a Asociación Cultural Beltane, formada por historiadoras da arte que buscan poñer en marcha actividades que acheguen a cultura e o patrimonio á sociedade en xeral.

A cidade de A Coruña conta cun extenso patrimonio histórico-artístico, enormemente atractivo para os investigadores, e este congreso busca tanto atraer a novos especialistas como dar a coñecer e fomentar as actuais investigacións en curso.

A celebración con carácter periódico deste encontro converterase nunha ferramenta de posta en valor e creación de sinerxías ó redor do mundo brigantino, así como de punto de encontro para distintos profesionais.

Ó mesmo tempo, a publicación das poñencias e comunicacións presentadas no congreso, en formato libro, descarga online en PDF e vídeo-conferencias, deixarán constancia escrita e visual, accesible a toda a sociedade, sobre as distintas investigacións ó redor dun patrimonio que nos pertence a todos.

San Francisco foi durante séculos testemuña muda dalgúns dos acontecementos máis destacados da urbe herculina desde o século XIII, pero que actualmente é un patrimonio enormemente fragmentado, cuxos restos se distribúen entre o propio xacemento arqueolóxico, o Museo Militar de A Coruña, o Museo Arqueolóxico

Provincial do Castelo de San Antón e a igrexa de San Francisco na Av. Calvo Sotelo. Os novos achados, froito das últimas escavacións, aportaron interesantes datos, totalmente inéditos ata o momento, que esixen unha coidadosa análise.

Cremos profundamente na cooperación entre profesionais e institucións e por iso nesta ocasión buscamos a colaboración das Universidades de A Coruña e Santiago de Compostela, como referentes científicos. Membros de ambos centros xogarán un papel fundamental, tanto como asesores como formando parte do comité científico responsable da avaliación e selección por dobre cego das comunicacións propostas polos novos investigadores, e que serán presentadas durante o congreso.

Cóntase coa cooperación do Museo Militar de A Coruña, o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón e o Concello, posto que non son da súa titularidade o xacemento e os restos arqueolóxicos, senón que en última instancia son os que mellor coñecen o actual estado legal e de conservación deste conxunto patrimonial e poden aportar interesantes datos que axuden a conformar a historia máis recente do convento de San Francisco de A Coruña.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión