Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de octubre de 2018

O Fórum Metropolitano completa a tempada municipal de artes escénicas coas propostas dos ciclos ‘Sen Numerar’ e ‘Todo Público’

O edil José Manuel Sande salienta “a diversidade e calidade dos espectáculos que se presentan nun outono marcado por unha ampla oferta cultural vinculada á creación escénica”

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento completa a programación municipal de artes escénicas para o último trimestre do ano coa presentación dos ciclos Sen Numerar e Todo Público, dúas propostas que se desenvolven no Fórum Metropolitano. O concelleiro José Manuel Sande apunta á "excelencia e diversidade" dunha tempada marcada polo inicio da xestión municipal do Teatro Colón, "que complementa e dimensiona a programación municipal vinculada á creación que se oferta desde outros recintos do IMCE", como son o Coliseum, Teatro Rosalía e centro Ágora, ademais do propio Fórum. "Cada equipamento recolle perfectamente unha tradición escénica así como de públicos, que afonda no compromiso do goberno local coas artes vivas. Neste caso, o Fórum é o escenario perfecto para as propostas do teatro de proximidade, como é o caso de Sen Numerar, ou para as que se dirixen á mocidade ou ao público familiar, como é Todo Público". "En todo caso, estes dous ciclos completan un outono ateigado de artes escénicas nunha cidade marcada, profundamente, pola vangarda, a experimentación e cun forte e nutrido tecido creativo", apunta Sande.

Así, esta fin de semana Todo Público propón o espectáculo Pum Pum, de Baobab Teatro, que se enmarca na celebración do 35ª aniversario do COF e que aborda a prevención do abuso sexual. A obra diríxese a públicos a partires dos cinco anos. Xa no mes de novembro, o día 10 a compañía Teatro Paraíso, do País Vasco, ofrecerá unha nova visión do Polegarciño de Perrault, apta para nenas e nenos a partires dos sete anos así como para persoas adultas. De cara ao mes de decembro, o día 1, o imaxinario de Peter Pan e Wendy chegará ao Fórum Metropolitano da man de Perro azul teatro, unha fábula sobre o paso do tempo protagonizada por Gemma Viguera e Fernando Moreno. O ciclo pecharase o 15 de decembro, con Rosa Caramelo, da compañía galega Talía Teatro, un traballo dirixido a nenas e nenos a partires dos catro anos e que aborda a socialización e os roles de xénero desde a infancia.

Sen Numerar

Por outra banda, o ciclo Sen Numerar retoma este outono a súa esencia inicial e ofrece espectáculos teatrais e musicais en pequeno formato, "o que permite gozarmos de excelentes propostas nun ambiente case íntimo", expón Sande, e que conta coa posibilidade de achegar as pezas ao alumnado de secundaria e bacharelato. Por outra banda, o sábado 27 será a quenda de Os límites do frío, unha proposta dirixida por Lois Blanco e protagonizada por Alejandro Carro que pon de manifesto a situación e cuestionamentos de Manolo, un home sen fogar.

Na fin de semana do sábado, 3 de novembro, Mielitza presentará o seu primeiro traballo discográfico, Unha illa, que o grupo define como "paisaxístico e persoal, cheo de luces e sombras". A banda está conformada por Carla López á guitarra e á voz, Iago Mouriño ao piano, Pablo Pérez no baixo eléctrico e Bruno Couceiro á batería e percusión. Finalmente, o 16 de novembro, o youtuber e cantaor El niño de la hipoteca ofrecerá un espectáculo acústico marcado polo humor e a ironía. Ambos concertos tamén comezarán ás 21.00 horas.

As entradas para todos os espectáculos xa están a venda no despacho de billetes da praza de Ourense, a través do web www.ticketea.com e o teléfono 902.044.226. Poderanse adquirir tamén no propio Fórum Metropolitano o día da representación, antes da función, no caso de contar con entradas dispoñibles.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión