Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2017

O Goberno local apoia o proxecto 'Acampa', iniciativa que se desenvolverá no mes de xuño e "que apoia a tese de converter A Coruña nunha cidade refuxio"

A edil Rocío Fraga valora positivamente a posta en marcha desta proposta de sensibilización, “que impulsa á necesaria reflexión”, segundo valorou o concelleiro José Manuel Sande

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, e o edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participaron esta mañá na presentación da programación de Acampa pola paz e o dereito a refuxio, unha iniciativa de sensibilización e visibilización sobre a situación das persoas que buscan refuxio e  que terá lugar dos días 15 ao 18 de xuño na Coruña, e que consistirá nunha acampada simbólica nos xardíns de Méndez Núñez acompañada de numerosas actividades distribuídas pola cidade. Rocío Fraga valorou positivamente a posta en marcha dunha proposta "moi potente que representa a auto-organización da sociedade civil que apoia e demanda que a idea que A Coruña quere ser unha cidade refuxio", sinalou a edil. "Desde o Goberno local estamos a traballar na liña de considerar a nosa cidade coma unha cidade refuxio, aínda que non temos toda a capacidade que desexariamos pola negativa do Goberno central. Mentres que o Estado manteña a súa negativa a permitir que os municipios que queremos responsabilizarnos nas labores de acollida poidamos facelo, e non poidamos colaborar dun xeito máis activo, apoiaremos aquelas iniciativas que esixan que se respecten os dereitos humanos e se monten corredores seguros para que as persoas poidan chegar a cidades coma a nosa mentres necesiten estar fóra dos seus países", sinalou a concelleira.

O responsable municipal de Culturas salientou  a conexión cultural e social do proxecto, "que ás veces, estrañamente, se desvinculan", e cuxa programación, que conta co apoio do Concello a través do programa Cultura de Barrio, "supón unha mistura atractiva que incorpora, a través da escenografía, elementos que impulsan a unha necesaria reflexión". "É importante poñer en primeira liña acontecementos aos que parte de Europa dá as costas, ao tempo que magnifica outras cuestións", afirmou Sande.

A partir do 15 de xuño, e até o 25 de xullo, Acampa pola paz e o dereito a refuxio incluirá, entre as súas actividades, obradoiros, conferencias, proxeccións e unha ducia de instalacións e exposicións de pintura e fotografía que se desenvolverán en distintos espazos municipais así como a ceo aberto, tal é como acontece no caso da mostra do premio Pulitzer Javier Bauluz --que se instalará desde o Obelisco até Porta Real--, para achegar á cidadanía a situación de precariedade na que se atopan milleiros de persoas que andan na procura de refuxio.  

Así, o Kiosco Alfonso acollerá unha mostra con fotografías de Ricardo G. Vilanova, Felipe Carnotto, Juan Teixeira, Adrián Irago, e Xosé Abad, e no exterior instalacións artísticas de Daniel remeseiro e Andrea Torres. Tamén a Casa da Cultura Salvador de Madariaga mostrará traballos fotográficos de Juan Medina e Sergi Cámara. A pintura terá representación na sala de exposicións de Palexco, a través da obra de Ali Ali, e o debuxo estará presente na Casa Museo Casares Quiroga. Durante os días da acampada, entre o 15 e 18 de xuño, sucederanse os concertos, recitais de poesía e encontros coas e cos diferentes artistas que participan na iniciativa, ademais de visitas guiadas ás exposicións e ao campo de persoas refuxiadas instalado nos Xardíns de Méndez Núñez, ademais de charlas con xornalistas ou pasacalles.

Durante a presentación, na que tamén participaron dúas das persoas impulsoras do proxecto, Xosé Abad e Carmen Armada, proxectouse o primeiro dos vídeos de promoción de Acampa para chamar á mobilización e participación cidadá na iniciativa.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión