Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de septiembre de 2018

O goberno local levará mañá a Pleno a incorporación no orzamento do IMCE os remanentes do pasado ano

A aprobación deste trámite permitiría que o instituto municipal puidese contar con case un millón de euros para a dinamización e xestión cultural na cidade

O goberno local levará ao Pleno da Corporación municipal que se celebra mañá a aprobación dun expediente de modificación do orzamento do IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) para ingresar 935.000 euros procedentes dos remanentes do pasado ano. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento volve a tratar este asunto no Pleno tras o acordo acadado co grupo municipal do PSOE para a súa aprobación, despois de que o departamento facilitase tanto información detallada sobre o destino dos remanentes como tamén de seguimento sobre os proxectos postos en marcha ou xa finalizados dentro do ámbito da concellería e que foran acordados cos socialistas na negociación dos orzamentos. Sobre estes proxectos engadíronse dúas novas propostas vinculadas a espazos culturais da cidade.

A incorporación de remanentes permite destinar distintos suplementos de crédito para actividades culturais en diferentes recintos municipais, así como outras accións relacionadas coa programación cultural ou o aluguer de maquinaria e utillaxe. Tal e como explica o edil de Culturas, José Manuel Sande, "trátase dun trámite administrativo regular e rutinario que se fai en todos os exercicios económicos e que permite ao IMCE manter moitos proxectos de dinamización e xestión cultural, dende as festas nos barrios, as subvencións para iniciativas culturais ou a programación dos espazos municipais".

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión