Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de marzo de 2019

O Kiosco Alfonso acolle desde hoxe a mostra '128+100+16. Doroteo Arnáiz. Unha doazón', "coa achega artística máis relevante que recibiu o Concello nos últimos anos"

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande asiste esta tarde, ás 20.00 horas, á apertura ao público da exposición, con obra que o artista doa ao Concello da Coruña

A Sala de Exposicións Municipal do Kiosco Alfonso acolle desde hoxe, e até o 21 de abril, a mostra 128+100+16. Doroteo Arnáiz. Unha doazón, que recolle a achega de fondos artísticos que o propio Arnáiz, considerado un dos gravadores máis relevantes da segunda metade do século XX, fai ao Concello. O edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salienta que se trata "da doazón artística máis importante recibida pola administración local nos últimos anos". "Estamos ante un feito moi relevante, como é que o impulsor do Centro de Gravado Contemporáneo, peza fundamental do desenvolvemento do potencial artístico local, e quen deu a coñecer a efervescencia cultural e plástica desta cidade ao mundo desde o barrio de Monte Alto, faga unha achega tan xenerosa e notable, tanto pola súa calidade como en cantidade, á súa veciñanza", apunta o concelleiro.

A doazón componse dun total de 128 estampas creadas por Arnáiz desde 1960 até o ano 2000, "que dan conta da súa evolución estética e formal, e que inclúen case todos os  eixos temáticos sobre os que traballou un dos gravadores máis relevantes das últimas décadas", explica Sande. Entre o material achegado, atópase tamén o libro Cien sonetos de amor, de Pablo Neruda, que conta con outros tantos gravador de Arnáiz; un conxunto de pranchas calcográficas das edicións de estampas realizadas no Centro de Gravado Contemporáneo e, finalmente, un políptico de e 16 pezas, en oco relevo pintado sobre madeira composta, denominado Polliciples. Todas estes materiais, agás as pranchas calcográficas, forman parte da exposición que se abrirá hoxe ao público no Kiosco Alfonso, nun acto no que participará o propio autor.  

"Sen dúbida esta colección, a doazón artística máis relevante dos últimos anos, recolle perfectamente a tradición da obra de Arnáiz, que se une agora aos traballos que xa forman parte do patrimonio municipal que é, ao cabo, o de toda a cidadanía", apunta José Manuel Sande.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión