A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Asociación cultural Alexandre Bóveda vai proxectar o documental : "O Soño de Papa" de Xavier Bermúdez.
Para público en xeral
06/05/2019
Xa rematou
19:30 h
* Pídese puntualidade, una vez comezada a función non se permitirá o acceso a sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
libre ata completar a capacidade
É moi difícil medir a importancia social que ten o fútbol hoxe en día, pero podemos aseverar que é, sen dúbida, o espectáculo que goza dunha maior atención en todo o mundo. Cando hai un partido importante, non hai cidade, deserto ou selva no planeta no que non se estea seguindo, sexa do modo máis precario ou do tecnológicamente máis sofisticado.
Un futbolista europeo con certo renombre ten seguidores propios en Asia, Nova Zelanda ou África. Internet multiplicou os modos de conexión entre seguidores e protagonistas. De feito, algúns partidos da liga española ou da inglesa prográmanse para ser cómodamente vistos en China. O fútbol é un dos momentos estrela de calquera informativo televisivo ou radiofónico, e a cantidade de diñeiro que move é igual de espectacular.Ante este panorama, chegar a formar parte da élite futbolística é un soño polo que loitar.
Quizais polo que hipotecar a tranquilidade dunha familia. Un soño ao que dedicar unha infancia.
Un documental de Xamalufilmes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible