Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pregón Festas Mª Pita 2013

Xoel López será o pregoeiro das Festas María Pita 2013. O día 1, antes de que actúen Loquillo, Ariel Rot e Leiva, o coruñés sairá ao balcón do Concello a cortar a cinta inaugural das festas da cidade.

Cando:

01/08/2013

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

Se todo transcorre segundo o planeado, ese día Xoel estreará San Juan. O tema, que aínda non está concluído, conta xa cunha letra provisional na que o autor se recrea nas imaxes e ritos da noite do día 23 de xuño na Coruña. Podería tratarse de versos autobiográficos, xa que nela fálase dun mozo que toca a guitarra e que se marcha a Arxentina prometendo regresar. É dicir, o mesmo que fixo Xoel hai uns anos.

O tema arrinca cunha descrición do ambiente típico das praias do Orzán ou Riazor: «Fue a la sombra de un verano / A la luz de las hogueras / En una playa incendiada / La noche de San Juan». De repente, aparece alí unha muller que salta as fogueiras, mentres ao seu lado un músico «cantaba sus canciones / a las estrellas de mar».

Eses temas xeran un efecto embelesador na muller: «Pronto se acercó atraída / Por la magia de sus versos / Y por su voz dorada/ De salitre y coral». E o músico fala con ela: «Le dijo: ten cuidado / Nada puedo prometerte / De repente lo que toco / Se quiebra o se hace mal». Pero a moza non fai caso da advertencia: «Ella le arrancó el hechizo / Y él la besó en la frente / Y después de desnudarse / Se tiraron a nadar».

A partir de aí chega o clímax da historia, nunha sorte de purificación do músico en parella. Canta: «Y enterraron los fantasmas / y apagaron las cenizas / espantaron los demonios / Y ella le enseñó a bailar / Y se fueron a Argentina para volver a empezar / Y se lavaron la cara / Con aroma de las hierbas / con el agua de mil hierbas / con aromas de mil hierbas / Y con la luz de la mañana / Se juraron regresar».

O tema conclúe coa confirmación da promesa: «Y dicen que cada año / Cada 23 de junio / Cantan siempre sus canciones / A la orilla de aquel mar».

Non é a primeira canción de Xoel López na que se alude explicitamente á cidade. O ano pasado, de feito, estreou nos actos do bicentenario de San Amaro unha canción homónima dedicada ao camposanto. Co seu proxecto Lovely Luna gravou Ciudad de los cristales rotos e como Deluxe Los jóvenes mueren antes de tiempo na que tamén se alude directamente á cidade. No seu último disco, Atlántico, o tema Postal de Nova York, fala das ventás de María Pita.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión