Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro "Los cuentos prometidos" por Pablo Pedreira

"Los cuentos prometidos" é o primeiro libro do coruñés Pablo Pedreira Prieto

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

17/04/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Pablo Pedreira Prieto (A Coruña, 1978). Amante da creatividade, a paciencia, a constancia e a implicación no labor docente como directrices da educación, iníciase na creación literaria pola promesa ao seu fillo de compartir as historias que crean xuntos polas noites.

"Los cuentos prometidos", publicado por Ediciones Mouse, son unha serie de historias nas que se debuxan con palabras os sentimentos que antes ou despois aparecen nas relacións entre pais, nais, fillos e fillas, compañeiros de aula, docentes e outros membros da familia. As historias nacen das curiosidades, alegrías, inquietudes sorpresas e medos compartidos por outros pais e nais feitas conto, como o nacemento do primeiro amor, a importancia da valentía ou o compañeirismo e a necesidade das artes na vida.

Tamén che pode interesar

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión