Unha análise da educación como antídoto contra a violencia e en pos dunha cultura de paz.
Dende o 03/12/2012 ata o 04/12/2012
Xa rematou
Nestas xornadas, organizadas en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da UDC, analizarase o traballo da ONG e da comunidade educativa para poñer o recurso máis básico, a educación, ao servizo da procura de solucións para a convivencia pacífica e a resolución de conflitos.
Representantes das principais ONG darán a coñecer as súas campañas e programas máis eficaces para propagar unha cultura de paz e debaterán sobre as futuras liñas de traballo para incrementar a incidencia da educación para a paz entre a poboación.
Jordi Armadans, director da Fundació per la pau presenta a súa conferencia co título "É posible erradicar as guerras?" Carmen Simón (Educadores pola Paz/Nova Escola Galega) presentará o traballo deste colectivo en Galicia e Portugal. Edina Beciveric da Universidade de Saraievo, falará sobre como a falta de recoñecemento do xenocidio segue expoñendo retos no proceso de reconciliación da sociedade bosníaca. Realizaremos tres seminarios simultáneos centrados nos distintos niveis educativos para mostrar, analizar e debater experiencias, perspectivas e casos de educación para a paz e convivencia democrática na aula, a través da imaxe e os medios. Para iso contaremos con profesionais como Mercedes Ruíz Casas, profesora de Educación Primaria, especialista en cinema e educación, fundadora da Tribo 2.0, colectivo altruísta de 17 provincias que promociona o vínculo entre o cinema e a educación en valores.
A acción e reflexión educativa que formula as xornadas compleméntase co necesario proxecto educativo para escolares, que se desenvolverá a través de talleres nos centros escolares sobre educación para a paz e resolución de conflitos arredor das imaxes de Gervasio Sánchez e tamén visitas á exposición no Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible