Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ráfagas - Encontro con Miguel Anxo Murado

Iugoslavia: metáfora e realidade da guerra.

Cando:

08/11/2012

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Prezo:

Entrada libre.

Aforamento limitado.

Iugoslavia xa non existe. O nome borrouse dos mapas e xa só se lembra como un sinónimo da guerra.

O escritor Miguel Anxo Murado, que traballou nesa guerra como xornalista e a tratou nun libro como narrador, repasa o que foi aquel conflito como realidade e como imaxe metafórica de todas as guerras, de Europa e da condición humana.

Presenta Manuel Veiga Taboada.

Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965) ten explorado case todos os xéneros literarios, dende o relato á poesía, o teatro, o ensaio e o guión de cine e televisión.

Paralelamente, ten desenvolvido ao longo dos anos unha actividade intermitente como xornalista. Nos anos 90 cubriu o conflito da antigua Iugoslavia, o que inspirou o seu libro de relatos Ruido. Relatos de guerra. Tamén residiu durante anos en Oriente Medio, onde traballou para a ONU en Palestina e cubriu logo como xornalista a Segunda Intifada, experiencia que detalla no libro autobiográfico Fin de siglo en Palestina. Na actualidade, Murado é analista de política internacional no diario La Voz de Galicia e colaborador habitual na cadena SER, así como en medios estranxeiros como a BBC, o diario The Guardian e a cadena de televisión rusa Russia Today.

Manuel Veiga Taboada é xornalista e escritor; doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Entre 2007 e 2010 foi director do semanario A Nosa Terra. É autor de varios ensaios e novelas. A súa obra narrativa mereceu o premio Xerais no 2004 e o García Barros no 2006.

Entrada libre, aforamento limitado.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión