Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rosario Flores

Rosario Flores será a protagonista do concerto de verán que cada ano organiza Marineda City na súa praza exterior.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/07/2018

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Duración:

1 h

Enderezo:

Centro Comercial Marineda City Lecer, Shopping e Business. Estrada Baños de Arteijo 43. 15008 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

A intérprete de temas tan coñecidos como "Mi gato", "Qué bonito" ou "Como quieres que te quiera" demostrará sobre o escenario toda a forza e enerxía que caracteriza aos seus directos.

Rumba, pop, rock, flamenco, funk, soul e ata bossa nova son algúns dos estilos que a polifacética cantante e tamén actriz explorou na súa dilatada traxectoria musical. Ademais, foi coach no programa de televisión La Voz Kids, que finalizou recentemente a súa cuarta edición.

Rosario Flores recibiu varios Grammy Latino polos seus álbums "Muchas flores", disco co que se consolida internacionalmente, e "De mil colores". En novembro de 2016 lanzou o seu último álbum de estudio "Gloria a ti", cun claro retorno ás influencias do flamenco e unha sentida homenaxe á súa familia, e en 2017 saíu á venda o seu disco en directo "Noche de Gloria en el Teatro Real", onde repasa os seus mellores éxitos.

O concerto de Rosario Flores enmárcase nun interesante programa de actividades que Marineda City organizou entre o 2 e o 5 de xullo baixo o título #Mdemujer. Estas accións son parte da programación de verán do centro comercial que, entre outras cousas, contará cunha parada de foodtrucks do 5 ao 7 de xullo na praza exterior.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión