Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sorolla Íntimo

Bosquexos da serie Visión de España

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/10/2016 ata o 08/01/2017

Xa rematou

Horario:

De martes a venres de 10.00 a 20.00 h
Sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h
Domingos de 10.00 a 14.00 h
Luns e festivos: pechado

Enderezo:

Museo de Belas Artes. Rúa Zalaeta 2. 15002 A Coruña

Organizada pola Generalitat Valenciana e a Fundación Bancaja coa colaboración da Hispanic Society of America, mostra por primeira vez ao público 32 bosquexos que Joaquín Sorolla (Valencia 1863-Cercedilla 1923) realizou como preparación para a súa obra Visión de España, un dos traballos máis esixentes da súa carreira e dos proxectos máis importantes que culminou en 1919, e que estaba composto por catorce paneis monumentais sobre as rexións de España que o artista pintou para a biblioteca da citada institución neoiorquina.

Esta colosal creación é froito da estreita relación que mantiveron Joaquín Sorolla e o hispanista norteamericano Archer M. Huntington -fundador da institución mencionada- por mor de visitar este último a exposición monográfica de Sorolla en Londres en 1908.

Así, durante case unha década -entre 1911 e 1919- Sorolla viaxou por toda a xeografía española captando in situ a luz, as cores, os costumes, as tradicións, as festas e o traballo das diferentes rexións recreando nos seus lenzos unha visión fundamentalmente plástica e moi persoal de España.

O resultado de todos estes anos de traballo foi un conxunto de debuxos e gouaches, que permite asomarse ao propio proceso creativo e coñecer as diversas composicións parciais que, combinadas e superpostas entre si, serviron para construír a complexidade e monumentalidade dos paneis finais. Grazas a estes bosquexos e á correspondencia mantida durante o seu percorrido por España entre Sorolla, o seu amigo Pedro Gil Moreno de Mora e a esposa do pintor, quedan de manifesto as súas dúbidas, os seus cansazos e as súas reflexións sobre a descomunal empresa.

Pero, xunto ao interese artístico e monumental que os propios bosquexos lle achegan á exposición, na súa sede coruñesa a mostra cobra un sentido especial porque se complementa co excelente lenzo, propiedade do Museo de Belas Artes, El boyero castellano, un dos traballos preparatorios que fixo no seu percorrido por Castela para acometer o inmenso panel de La fiesta del pan en Castilla, o que ademais supoñerá unha magnífica oportunidade para poder contextualizar a obra que se exhibe nas salas da exposición permanente do museo; así como outros dous lenzos de tema galego que reforzan a significación e a presenza que tivo Galicia na obra do pintor, Gaitero gallego e Tipo de Galicia, e que tamén foron realizados durante a súa estancia en Vilagarcía de Arousa, onde se instalou en 1915 para pintar La romería, un dos paneis encargados por Huntington.

 

A mostra complementarase cun programa de visitas guiadas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión