Concello da Coruña

Concello da Coruña

"The good son" de Shirley Bekovitz

Un retrato apaixonante sobre o medo, a dúbida, a importancia da familia e a forza de vontade de ser un mesmo dun mozo por alcanzar o seu soño.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/06/2017 ata o 03/06/2017

Xa rematou

Horario:

- xoves 1 de xuño - 20.15 h

- venres 2 de xuño - 20.15 h

* Charla- coloquio con André Portela

- sábado 3 de xuño - 17.15 e 20.15 h

** Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Duración:

52 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 3'00 €

(carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 2'00 €)

Sesión do espectador: sábado 17.15 h. Prezo único: 1'50 €

Organiza:

IMCE

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Observacións:

VO en hebreo subtitulado en castelán

Que pasa pola cabeza dun mozo que decide cumprir o seu soño a calquera prezo? Onde está o límite entre a realización persoal e a fidelidade e honestidade cara á túa familia?

Unímonos á incrible historia de Or, un mozo de 22 anos que, mentíndolles aos seus conservadores pais, decide seguir adiante a calquera prezo. Un retrato apaixonante sobre o medo, a dúbida, a importancia da familia e a forza de vontade de ser un mesmo.

A DIRECTORA

Shirley Berkovitz. Nativa de Tel Aviv, Shirly estudou cinema na Beit Berl Arts College en Israel, onde dirixiu e produciu a súa primeira curtametraxe Blocked. A súa primeira longametraxe documental 100% proxectouse no Festival de Cinema de DocAviv-Documental, Haifa Cinemateca. En 2009 lanzou The Way Up, gañador do premio ao Mellor Documental en numerosos festivais internacionais e foi nomeado para un Academy Award de Israel en 2010.

Actualmente, Shirly está a traballar como editora e directora de proxectos independentes, tamén traballa como titora e formadora en grupos xuvenís e seminarios sobre cinema e medios de comunicación.

FICHA TÉCNICA. Israel (2013)

  • Director: Shirley Berkovitz
  • Produtores executivos: Shirley Berkovitz e Noam Pinchas
  • Fotografía: Shirley Berkovitz e Nitzan Moshe
  • Edición: Daniel Sivan
  • Son: Gil Toren
  • Música: Kutiman

PREMIOS E FESTIVAIS:

  • SERET FF - Reino Unido, 2014.
  • DocsBarcelona - Inauguración. España, 2014.
  • PlaneteDoc Filme festival - Polonia, 2014.
  • Thessaloniki Documentary Festival - Grecia, 2014. IDFA - Países Baixos, 2013.

Formato: DVD

VENDA DE ENTRADAS

No despacho de billetes de Fórum desde media hora antes do inicio da proxección.

VENDA ANTICIPADA

Na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. Sábados de 10.00 a 13.00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión