Concello da Coruña

Concello da Coruña

X Xornada de Portas Abertas no Centro Oceanográfico

O vindeiro sábado 27 de maio o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO) organizará a décima edición de Xornada de Portas Abertas para dar a coñecer os seus traballos de investigación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/05/2017

Xa rematou

Horario:

11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h

Enderezo:

Instituto Español de Oceanografía. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 10. 15001 A Coruña

Os científicos e técnicos do IEO explicarán de forma próxima algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:

  • Lixo no mar: Este ano como novidade procuramos concienciar sobre este grave problema. A nosa proposta é un concurso de reciclaxe de lixo mariño, cuxos resultados se poderán ver na Xornada de Portas Abertas no Centro Oceanográfico.

  • O peixe e a rede: a través dun módulo interactivo mostramos a selectividade das artes de pesca, e a problemática dos peixes inmaturos e os descartes.

  • A vida ao microscopio: mediante microscopios poderanse observar aqueles diminutos organismos que habitan o mar.

  • O Corazón do Planeta: por medio de experiencias de física e química mariña ensinarase a distribución da temperatura oceánica, a salinidade e o pH da auga de mar.

  • Coleccións mariñas: contaremos cunha colección de exemplares recollidos por compañeiros do noso Centro Oceanográfico e o de Xixón, con explicacións sobre algunhas curiosidades destes organismos.

  • A viaxe dos peixes: explicaremos a importancia dos estudos de marcado e a recaptura de peixes.

  • Exposición de aparellos oceanográficos de mostraxe: exhibición de equipos oceanográficos de mostraxe, dando oportunas explicacións do seu funcionamento e manexo ás persoas visitantes interesadas.

  • Espazo infantil: cuxa proposta estrela é o Concurso de Debuxo María Hermida.

  • Paneis diversos: con temática mariña.

  • Posa co "photocall" do IEO: as persoas participantes tiveron oportunidade de facer unha foto xunto a un peixe espada de tamaño real e outros animais mariños.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión