Concello da Coruña

Concello da Coruña

XIX Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico 2016

Viñetas desde o Atlántico volve a súa mirada aos heroes reais que protagonizan as historias de corte social máis recentes do mundo do cómic.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/08/2016 ata o 18/09/2016

Xa rematou

Horario:

Todas de 12 a 14 h e de 18 a 22 h, excepto a da Torre de Hércules, de 10.00 a 20.30 h

Prezo:

Entrada gratuíta a excepción da Torre, que ten un custo, excepto os luns.

As persoas afeccionadas aos superheroes terán o seu prato forte no Salón Internacional do Cómic coa Patrulla X, que chega da man dun dos guionistas de máis éxito desta saga, Chris Claremont. Viñetas desde o Atlántico volve a súa mirada aos heroes reais que protagonizan as historias de corte social máis recentes do mundo do cómic.

EXPOSICIÓNS

Quiosco Alfonso

  • Jorge González

  • Rubén Pellejero e Díaz Canales (Corto Maltés)

  • Cristina Bueno

  • Nadar

  • Ramón Marcos

Palexco

  • "Patrulla X" de Chris Claremont

  • "La Casa" de Daniel Torres

  • "Como baja el agua" de Juan Díaz Canales

Palacio Municipal de María Pita

  • "Miguel EN Cervantes y el retablo de las maravillas " Miguelanxo Prado e David Rubín

Sala Salvador de Madariaga

  • Premios Castelao de Banda Deseñada 2014 e 2015 Kiko da Silva e Fernando Llorente

 

Feira da Banda Deseñada. Ao tempo, as casetas coas últimas novidades editoriais tomarán o Paseo das Palmeiras transformándoo na Rúa da BD para lles ofrecer ás persoas afeccionadas non só os clásicos ou as publicacións recentemente impresas senón un amplo programa de talleres, entretemento e encontros comerciais cos autores. Na carpa do recinto, ademais, o artista Xosé Tomás encargarase de dirixir os seis talleres para nenos que, con carácter gratuíto, se ofrecerán o mércores, o venres e o sábado nese espazo. Os talleres distribuíronse por idades, de 4 a 11 anos en horario de 11 a 12.30 horas, e de 12.30 a 14 horas para a mocidade a partir de 12.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión