Concello da Coruña

Concello da Coruña

XX International Model Show

Coma todos os anos, fieis ás datas de Semana Santa realízase o Vixésimo Certame de Modelismo Escala os días 14 e 15 de abril no Fórum Metropolitano da Coruña, a cargo da Asociación de Modelismo Centro Cultural Escala, que ademais celebra os seus 25 anos de asociación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/04/2017 ata o 15/04/2017, os venres e sábados

Xa rematou

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Organiza:

Centro Cultural Escala

Contacto:

687 095 366 Antonio Ramil

696 417 593 Manuel Pablo

BASES DO CONCURSO

CATEGORÍAS SEGUNDO IDADE das persoas participantes:

Establécense 2 categorías por idade:

• Júnior (J): ata 16 anos

• Sénior (S): desde 16 anos

CATEGORÍAS TEMÁTICAS:

AVIÓNS:

A1 - Avións ata escala 1/72

A2 - Avións desde a escala 1/48

A3 - Avións realizados en Scratch

A4 - Avións prototipo ou proxectos

VEHÍCULOS MILITARES:

V1 - Vehículos militares ata escala 1/48

V2 - Vehículos militares desde a escala 1/35

V3 - Vehículos militares realizados en Scratch

VEHÍCULOS CIVÍS:

C1 - Vehículos civís de 4 rodas a 1/43 ou inferior (1/43, 1/48, 1/64, 1/72 etc.)

C2 - Vehículos civís de 4 rodas a 1/32 ou superior (1/32, 1/35, 1/24, 1/18 etc.)

C3 - Vehículos civís de 3 ou menos rodas a calquera escala

C4 - Vehículos civís realizados en Scratch

BARCOS:

B1 - Barcos de madeira a todas as escalas (Kit comercial)

B2 - Barcos de plástico a todas as escalas (Kit comercial)

B3 - Barcos de construción propia artesanal

B4 - Barcos de radio-control

FIGURAS & BUSTOS:

F1 - Figuras ata 65mm

F2 - Figuras a partir de 65mm

F3 - Figuras en Scratch

F4 - Bustos comerciais

F5 - Grupo de figuras

F6 - Miscelánea (Bustos en Scratch, Fig. planas etc.)

DIORAMAS:

D1 - Viñetas militares (max. 3 fig. sen vehículo)

D2 - Viñetas civís (max. 3 fig. sen vehículo)

D3 - Dioramas militares ata 1/72 (dimensións max. 1M2)

D4 - Dioramas militares desde 1/35 (dimensións max. 1M2)

D5 - Dioramas civís (dimensións max. 1M2)

CIENCIA FICCIÓN:

S1 -Naves de ciencia - ficción. Máquinas de fantasía etc.

S2 -Figuras e personaxes de ciencia - ficción e fantasía

S3 -Grupo de figuras de ciencia - ficción e fantasía

S4 -Dioramas e viñetas de fantasía e ciencia - ficción

MISCELÁNEA:

M1 -Construcións arquitectónicas, casas de bonecas etc.

M2 - Reproducións de utensilios, carros etc.

GRUPOS DE ESPECIAL INTERESE:

Vehículos civís: "Ferrari" (Para seguir o grupo de traballo: http://foro.miniruedas.com/viewforum.php?f=34)

Vehículos militares: "A guerra dos 6 días "Figuras: "A gran guerra"

Aviación: "Messerschmitt Bf-109"

Sci-Fi: "Infinity "As obras que formen parte destes grupo tamén participarán nas súas correspondentes categorías".

OBSERVACIÓNS

A modalidade no sistema de premios será a de "Open", de maneira que haberá tantas medallas de ouro, prata e bronce, en cada categoría, como pezas o merezan.

A organización reservarase o dereito de declarar categorías desertas en caso de non existir un mínimo de 5 obras de distintos autores nelas. Así mesmo, reservarase o dereito de incluír as obras nas categorías que considere adecuadas.

Estableceranse 3 premios e mencións de honra para concursantes menores de 16 anos.

O xurado estará constituído por persoas expertas. As obras valoraranse por Montaxe, Dificultade, Pintura, Transformación, Creatividade, Ambientación, Parecido ao modelo real e Presentación. A decisión do xurado será inapelable.

As obras que recibisen algunha transformación deberán ser acompañadas da información referente ás transformacións realizadas. Para a categoría de figuras, establecerase que a ambientación que a acompañe non poderá superar un 10% do traballo total da obra. Se este é superado, reclasificarase na categoría de Viñetas. Na categoría de Aviación, enténdese por Prototipo aquel aparello do cal se construíron poucas unidades ou non se chegou a producir en serie. Enténdese por Proxecto aquel aparello que non pasou da fase de deseño e planos.

A maqueta catalogada como comercial poderá ter traballos de mellora, e poderase complementar con pezas de fotogravado, resinas, acetatos etc.

O modelo comercial que estea transformado en máis dun 80 % será encadrado no apartado de Scratch da súa categoría.

Establécense dúas cotas de inscrición: • 5 euros por participante Sénior, sen límite de obras, e será gratuíta para os Júnior. • 3 euros por participante Sénior, sen limite de obras, e será gratuíta para juniors ao enviar a folla de inscrición e ficha de identificación de concurso por correo electrónico a escalamodel@yahoo.es, será a data límite o día 11 de abril.

9º LUGAR DE PRESENTACIÓN: Fórum Metropolitano da Coruña (entrada pola rúa Río de Monelos)

10º DATA DE PRESENTACIÓN: día 13 de abril, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20 horas (foráneos ata o 14 de abril de 11 a 13 horas). No caso de non poder cumprir con este horario de entrega, deberase avisar á organización con, polo menos, unha semana de anticipación, explicando as causas do atraso, e quedará pendente do visto e prace da organización tras estudar as causas alegadas. Salvo esta excepción, non se admitirán obras fóra de prazo baixo ningún concepto.

11º DATA DE DITAME DO XURADO: día 14 de abril pola noite, a porta pechada.

12º DATA DE ENTREGA DE PREMIOS: día 15 de abril ás 17.30 horas.

13º DATA DE RETIRADA DE OBRAS: as persoas participantes no concurso poderán retirar as súas obras o día 15 de abril ás 19.00 horas, unha vez clausurado o certame.

14º As obras presentadas ou premiadas noutros concursos ou exposicións poden participar nas súas respectivas categorías. Non se aceptarán obras premiadas en edicións anteriores deste concurso.

15º Para aqueles premios e obras non recollidas durante a cerimonia de entrega deles, existirá un prazo máximo de 15 días NON PRORROGABLES para a súa recollida nas instalacións do C.C. Escala, logo da cita previa con algún membro da organización. A partir desa data, pasarán a ser propiedade do C.C. Escala.

16º A organización reservarase o dereito de fotografar, gravar en vídeo, así como de dar a correspondente publicidade ás obras e á entrega de premios.

17º A presentación das obras a concurso supón que os seus autores coñecen estas bases e mostran absoluta conformidade con elas e coas decisións do xurado. É aconsellable confirmar a asistencia, así como as dimensións das obras para presentar. o/a autor/a ou a persoa que o/a represente asinará a conformidade destas normas como proba da súa aceptación.

18º O xurado, xunto coa organización, completará ao seu criterio as posibles omisións que puidesen producirse na redacción destas bases, ou as dúbidas que ofrecese a súa interpretación. Así mesmo terá potestade de reclasificar algunha obra.

19º Realizarase unha feira na que se darán cita profesionais, firmas e distribuidoras de maquetismo. Os postos son totalmente GRATUÍTOS. Toda aquela persoa interesada en participar nestas actividades terase que poñer en contacto anticipadamente coa organización co fin de dispoñer dos espazos pertinentes.

20º Ademais dos premios anteriormente descritos, repartiranse unha serie de trofeos especiais, doados por estamentos oficiais, áreas comerciais, asociacións de modelismo e diversas firmas do ramo, ás mellores obras temáticas do certame.

21º Os membros da organización do certame non presentarán as súas obras a concurso, poderán facelo a exposición. Para máis información, poden chamar aos seguintes teléfonos: 687 09 53 66: Antonio Ramil 696 41 75 93: Manuel Pablo CENTRO CULTURAL ESCALA Inés de Castro, nº 3 - 4º piso - local 915005 - A Coruña correo: escalamodel@yahoo.es web:https://sites.google.com/site/centroculturalescala/Home Facebook https://www.facebook.com/centro-Cultural-Escala-467166153339890/ Twitter https://twitter.com/CC_Escala

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión