11 de octubre de 2018
A actuación celébrase o vindeiro domingo, ás 12.15 horas, no Pazo da Ópera
A Banda Municipal da Coruña inicia a tempada de outono e inverno cun concerto no que contarán con Manuel Godoy como director convidado e un repertorio variado, con pezas de autores españois, o estadounidense John Barnes Chance e o alemán Paul Hindemith. O director valenciano ten unha traxectoria profesional recoñecida por numerosos premios internacionais e na que foi convidado a poñerse ao fronte de orquestras e bandas profesionais, como a Costa Atlántica de Portugal, as sinfónicas de Castelló, Córdoba ou La Rioja, entre outras, ou as bandas de Barcelona e Palma de Mallorca. A actuación terá lugar o vindeiro domingo 14 no Pazo da Ópera ás 12.15 horas.
O programa consta de cinco pezas e estará divido en dúas partes. A primeira comeza coa interpretación do pasodobre El Camino, do autor José Vicente Egea, para a continuación dar paso a La mort de Santa Cecilia Op. 24, do compositor Ximo Tarín-Micó. Esta parte inicial rematará co Fantasía para Banda 8 de febrer, unha peza de Vicente Ortíz Gimeno. Tras o descanso, o público asistente poderá gozar da peza do compositor estadounidense John Barnes Chance Incantation and dance. Para concluír esta primeira actuación da tempada, a Banda Municipal interpretará a Sinfonía en Si Bemol de Paul Hindemith.
A Banda Municipal de Música, que celebra este ano o seu 70º aniversario, ten programados tamén outros dous concertos para os vindeiros meses. O 21 de outubro, ás 12.15 horas, ofrecerá no teatro Colón un concerto, gratuíto e orientado a un público infantil, para a apertura da III edición da Semana das Músicas do Audiovisual no que interpretará bandas sonoras de curtametraxes galegas e obras universais con acompañamento de imaxes. O día 4 de novembro, a Banda Municipal volta ao Palacio da Ópera, onde tocará La del Soto del Parral na súa versión instrumental.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible