Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2019

O Concello aposta por darlle apoio á banda deseñada ao longo do ano

A alcaldesa Inés Rey asegurou na inauguración de Viñetas desde o Atlántico que o salón forma parte do verán coruñés e que o apoio ao xénero ten que ser constante para evitar que os talentos emigren ou abandonen a profesión

A alcaldesa Inés Rey acudiu esta tarde á inauguración do Salón internacional Viñetas desde o Atlántico, que dará boa conta ata o domingo do momento actual da banda deseñada a nivel estatal e internacional coa presenza de autoras/es consolidadas/os e outras/os que mesturan o xénero con outras artes e que estarán esta semana compartindo a súa experiencia na cidade.

A rexedora destacou que a edición deste ano está marcada pola orixinalidade á hora de presentar as propostas en papel, de contar historietas que van máis alá da forma habitual de traballalas.

Rey falou do compromiso do Concello por afianzar a cita co fin de apoiar o colectivo para que siga a ter no salón un espazo onde achegar as súas novidades, pero tamén ao longo do ano e tratar de evitar así que as/os ilustradoras/es e guionistas emigren ou abandonen a profesión por falta de oportunidades. Do conseguido, a alcaldesa agradeceulle ao director do festival, Miguelanxo Prado, o feito de converter Viñetas desde o Atlántico nun evento que forma parte do verán coruñés e por facer que sexa de todos, xa que o salón naceu e medrou con esa idea de non acoutar público e alimentar as persoas entendidas e as que non o son.

Da situación actual, falou o director do festival, Miguelanxo Prado, quen remarcou a madurez dunha linguaxe que se dirixe a públicos máis específicos, que discorren por estradas secundarias e, ao mesmo tempo, a un amplo espectro, que camiñan por autoestradas, de maneira que uns e outros fan que o ecosistema sexa neste momento moito máis rico e plural. Nesa teima por evolucionar, as persoas autoras desta entrega, das que repasou as súas traxectorias, van a outras formas de encarar a creación, distintas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión