Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2019

O novo pantalán de Oza estará rematado esta semana

O concelleiro Juan Ignacio Borrego visitou as obras da base náutica municipal xunto á directiva do club S.D. As Xubias, coa que se comprometeu a mellorar a iluminación da praia de Oza

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, acompañou a xunta directiva do club S. D. As Xubias no inicio dos traballos de montaxe do pantalán nas instalacións da base náutica municipal de Oza.

As obras, que comezaron onte e rematarán entre mañá e o xoves, suporán unha importante mellora das posibilidades da entidade, xa que lles permitirán ás e aos deportistas un acceso ao mar máis doado e seguro, ademais de operativo. A actuación responde a unha demanda case histórica por parte do club. Durante a visita, o edil comprometeuse tamén a mellorar a iluminación na zona da praia de Oza e abordou cos e coas representantes o tema da futura construción da base náutica que ten prevista a concellería.

Cando rematen os traballos de instalación do pantalán, desde o club queren organizar unha inauguración coa presenza de deportistas, familiares, afeccionadas/os e o persoal que se involucra a diario co deporte náutico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión