Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2019

O teatro Colón presentará “Homomaquia”, unha das curtametraxes galegas que opta a premio Goya na vindeira edición

O director David Fidalgo e a produtora Chelo Loureiro introducirán o 17 de xaneiro a cinta de doce minutos que denuncia o maltrato animal a través de seres humanos despoxados da súa capacidade de falar e razoar

A curtametraxe galega "Homomaquia", que opta a estatuíña na vixésima cuarta edición dos Premios Goya, será proxectada o 17 de xaneiro no teatro Colón coa presenza do director David Fidalgo e a produtora Chelo Loureiro, que introducirán previamente a cinta que presenta un mundo en que os seres humanos son tratrados do mesmo xeito que estes tratan aos animais e, en concreto, aos touros.

A produción representa a vida desta especie coa súa crueza e violencia, con esa falta de liberdade que se dá ata no mesmo apareamento. Trátase dun drama de animación coproducido entre El Gato Verde e Abano Producións. Mariano Barachet encargouse xunto con Loureiro da produción, dirixidos por Ana Fernández. Á fronte da fotografía, situouse o propio Fidalgo que tamén é o guionista e o encargado dunha montaxe á que lle puxo música o coruñés Nani García.

Sen diálogos, "Homomaquia" nace da necesidade do autor de enfrontarse a unha historia que necesitaba contar cunha temática universal e actual, logo de vivir durante anos nunha cidade moderna, pero chea de contradicións que veñen de lonxe. Fidalgo quixo denunciar o maltrato animal pero con seres humanos e sombras, despoxados da súa capacidade de falar e razoar. En doce minutos, as e os espectadores percorrerán a vida dun touro desde o seu nacemento ata que é levado á praza tocando outras cuestións como son o respecto á diversidade sexual. Está dirixida tanto á mocidade como ás persoas adultas.  

Páxina web:

https://vimeo.com/323408606

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión