12 de diciembre de 2019
A Papanoelada sairá da chaira multiusos do Burgo ás 16:30 h, para rematar ás 19:00 h na Mariña da Coruña
Este sábado 14 de decembro terá lugar a 6.ª Papanoelada Moteira da Coruña a partir das 16.30 h. Na mañá dese mesmo día, unha pequena comitiva visitará a Real Institución Benéfico Social Pais Rubinos para facer compañía ás persoas usuarias e levará uns obsequios obtidos pola achega de persoas colaboradoras coa causa.
Durante a tarde terá lugar o roteiro moteiro, que sairá da chaira multiusos do Burgo ás 16:30 h, para rematar ás 19:00 h na Mariña da Coruña. No roteiro percorreranse os Concellos de Culleredo, Cambre e A Coruña, realizando unha parada na Torre de Hércules para realizar a xa tradicional fotografía co faro de fondo.
Ademais, este evento destinarase á recollida de alimentos e roupa para a Real Institución Benéfica Social Pai Rubinos. Para isto, na chaira do Burgo, á saída, e na Mariña, á chegada, establecerase un centro de recollida para todos aqueles que queiran colaborar con este fin benéfico.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible