Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xullo de 2019

Inés Rey subliña o seu compromiso de impulsar políticas inclusivas na cidade

A alcaldesa reafirmou o seu compromiso coa accesibilidade universal na cidade durante a súa visita ás IV Xornadas Solidarias de Deporte Inclusivo organizadas polo Club Torre S.D.

Durante a visita ao campus do Torre SD, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reafirmou o seu compromiso de impulsar políticas inclusivas e extensibles a todos os ámbitos sociais durante o seu mandato. "Este campamento que organiza o Torre, no seu 90 aniversario, é un exemplo para todos nós xa que pon en valor o deporte adaptado para integrar a todas as persoas con diversidade funcional".

Rey lembrou a intención  do Goberno local de eliminar as barreiras arquitectónicas na cidade e favorecer, deste xeito, a mobilidade das  persoas con  discapacidade.

Durante o percorrido polos campos da Torre, Inés Rey agradeceu o traballo do tecido social e deportivo para facer unha cidade máis aberta, plural e igualitaria. Ademais, garantiu unha estrita colaboración do Concello coas entidades sociais veciñais e deportivas para chegar a  quen máis o necesite.

Na visita, Inés Rey estivo acompañada de Antonio Dubra, presidente do Club Torre  S.D., organizador deste campus que se desenvolve durante dúas semanas, e no que participan máis de cen persoas e unha  ampla rede de voluntariado. Promover a inclusión de persoas con discapacidade na práctica do deporte son obxectivos deste campus que se realiza na Torre na súa cuarta edición consecutiva", apuntou Dubra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión