Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de marzo de 2024

O Teatro Rosalía de Castro súmase á programación do Día da Muller cunha dobre función de ‘Nevenka’

A obra, que afonda nesta causa penal de acoso sexual, está vinculada á programación do 8-M do Concello e forma parte do Ciclo Principal

O Teatro Rosalía de Castro ofrecerá os vindeiros venres 8 e sábado 9 de marzo dúas funcións da obra 'Nevenka', de Histrión Teatro en coprodución con Portal 71. A obra teatral está dirixida por María Goiricelaya e protagonizada por Gema Matarraz, Ales Furundarena e Marta Megías.

O espectáculo enmárcase dentro das actividades previstas polo Concello polo Día da Muller arredor do 8-M, que este ano leva por nome 'Imparables'. A obra afonda no caso de Nevenka Fernández, que en 2001 se converteu na primeira muller en gañar un xuízo por acoso sexual contra un político en España. A causa sentou por primeira vez a un alcalde no banco dos acusados, converténdose no primeiro caso de #MeToo do país.

As dúas funcións forman parte tamén da programación do Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro, co que o Goberno de Inés Rey segue promovendo para a cidadanía representación teatrais de calidade nun dos espazos culturais mellor valorados de Galicia.

O horario de ambas as funcións será as 20.30 horas e a duración da obra é de 80 minutos. As entradas xa están á venda por un prezo de entre 8,50 e 18 euros, máis gastos de xestión. Pódense adquirir nos despachos de billetes do Teatro Rosalía de Castro e do quiosco da praza de Ourense ou a través de Ataquilla.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión