Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de febrero de 2024

Saen á venda as entradas para o concerto de Camilo no Coliseum, que abrirá a nova edición do ciclo Coruña Sounds o 8 de xuño

A súa volta á Coruña terá lugar case dous anos despois da súa última actuación na cidade, tamén no Coliseum. Foi no verán de 2022, co recinto municipal cheo

Este mércores habilitouse a venda de entradas para o concerto de Camilo que terá lugar no Coliseum da Coruña o sábado 8 de xuño (22.30 horas). A actuación do artista colombiano abrirá camiño á segunda edición do ciclo de concertos Coruña Sounds, impulsado polo Concello.

Camilo, nado en Medellín en 1994 é un dos artistas máis destacados do pop latino e da música urbana a nivel mundial. Toda unha estrela da música popular e un dos persoeiros máis influentes para as novas xeracións. O gañador de catro premios Grammy Latinos tan só na última edición do certame é unha das voces máis queridas e seguidas polos mozos (e xa non tan mozos) a nivel mundial. 

A súa volta á Coruña terá lugar case dous anos despois da súa última actuación na cidade, tamén no Coliseum. Foi no verán de 2022, co recinto municipal cheo.

Cómpre lembrar que o concerto de Camilo previsto este ano ía ter lugar inicialmente o 11 de xullo, mais a recente paternidade do artista supuxo o adianto da data. Neste sentido, aquelas persoas que adquirisen o seu pase a través da plataforma de venda de entradas Ticketmaster poderán usalos igualmente o día 8 de xuño. A este respecto, aquelas persoas interesadas en adquirir pases de cara ao concerto no Coliseum tamén poden facelo desde hoxe a través da páxina web de Ataquilla.

Despois da actuación de Camilo, o ciclo de concertos Coruña Sounds continuará coas actuacións de Emilia, Robe, Luis Miguel e Chris Isaak, co Coliseum, o Porto e o Palacio da Ópera como localizacións previstas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión