Concello da Coruña

Concello da Coruña

A maleta de Don Attilio

de Viravolta Títeres

A quen vai dirixido?:

Público: +3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

28/12/2017

Xa rematou

Horario:

17:00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Fundación María José Jove. Rúa Galileo Galilei (Edificio Work Center) 6. 15008 A Coruña

Prezo:

Entrada individual: 3,00 euros / Abono 3 familiar: 6,00 euros (polo menos unha persoa adulta)

Televenda:

Ticketea

Traxicomedia para público a partir de 3 anos, na que se adapta o tema universal do amor imposible, impedido pola distinta procedencia, clase social, cultura, raza... dos dous amantes, presente en clásicos como Romeo e Xulieta... Calixto e Melibea... Tristán e Isolda... Elisabeth e Darcy... María e Tony... a Ra Gustavo e Miss Piggy,... e tantas outras.

O circo de Don Attilio chega á vila!

A pista xa está montada na praza...

O público agarda expectante a que comece o espectáculo...

Cando...

Tatatachán! Por fin! Toni Bombillo, estrela do circo, poderá ver a súa amada María, a filla de don Próspero, preboste do Barrio alto!

Pero estes amores son imposibles, "onde se viu que unha marioneta de luva, fina e acomodada, se xunte cunha marioneta de mesa pobre e ambulante?" dirán todos.

Pero ao final o amor sempre triunfa e as autoridades non serán quen de separar os namorados.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Despacho da Fundación Mª José Jove: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión