Concello da Coruña

Concello da Coruña

¡Al carajo la poesía! de raízde4teatro.

Inmersións dun actor e unha actriz no mundo poético, no fascinante mundo das palabras, do ritmo e da estrofa, para atoparlles outros sentidos, outras formas de dicir, outros modos de escoitar.

Cando:

24/03/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Interpretan, reinventan, recrean, achegan a poesía á vida ou a vida á poesía, buscando recuperar o pracer da palabra escrita, lida ou escoitada. Atrapan a poesía e lévana ao seu terreo: ao teatro.

Coma se fosen cociñeir@s de palabras, atrevéronse a elaborar un guiso cos máis diversos ingredientes. E así nos presentan a Irma e Julián, dous vellos que se atopan nun parque e cóntanse as súas “poéticas filosofías”; sorpréndennos rescatando versos dos 40 principais e descóbrennos como mirar con ollos de hoxe ao famoso Don Juan de Zorrilla; divírtense mesturando a Garcilaso, Benedetti ou Alfonsina Storni con Raúl Vacas, Blanca Varela ou Joaquín Sabina; fan falar a Santa Teresa dos seus problemas co “señor”...

Dez escenas nas que distintos personaxes se xuntan, íllanse, reflexionan, rin, maltratan, sofren, flirtean... Espectáculo teatral en que se fala de poesía e xógase con ela.

- Idea orixinal: Marieta Monedero
- Intérpretes: Carmen Castrillo e Luis Oliver
- Dirección: Marieta Monedero.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión