Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ando na Coruña: A Coruña das arquitecturas añoradas

Xornadas para coñecer o patrimonio arquitectónico desaparecido nestes últimos séculos en Galicia, con especial atención ao da Coruña, da man de dous expertos na materia: Jesús Ángel Sánchez García, doutor e catedrático de Historia da Arte na Universidade de Santiago e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera, doutorando FPU do Ministerio de Universidades no Grupo de Investigación Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo da Universidade de Santiago de Compostela.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

Os días 24/01/2024 ás 18:00 , 28/02/2024 ás 18:00 , 17/04/2024 ás 18:00

Aviso importante!!

Adiada a derradeira sesión para o 17 de abril.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/01/2024 ata o 24/01/2024

Require inscrición previa

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Número de prazas:

19

Requisitos:

Inscrición previa

As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera. 

O número de participantes variará dependendo dos requisitos e necesidades de cada actividade en concreto.

Organiza:

Biblioteca de Estudos Locais

Contacto:

Teléf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Introdución e problemas do patrimonio perdido (24 de xaneiro)

Nesta primeira sesión introdutoria, Jesús A. Sánchez realizará unha presentación xeral da investigación sobre Arquitecturas desaparecidas e añoradas no século XX: obxectivos, aspectos teóricos da investigación e criterios seguidos nos traballos 3D.  Entregarase un dossier sobre este tema.

Arquitecturas desaparecidas en Galicia (28 de febreiro)

Nesta segunda sesión, Daniel Lucas Teijeiro presentará os casos máis representativos de patrimonio destruído, tanto de Galicia como da Coruña e da súa contorna.

Ecos das arquitecturas "añoradas" na Coruña (27 de marzo)(17 de abril)

A derradeira sesión consistirá nunha visita guiada polos dous relatores percorrendo diferentes espazos na Coruña: igrexa dos Xesuítas, mercado da Guarda, Xardíns Méndez Núñez, Casa Gótica, antigo convento de San Agustín, Casa Consistorial, Capelas de Atocha e San Roque, rúa de Santo André e Cantóns.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión