Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arnoia Arnoia: O circo da Casa Pequena

Un espectáculo de teatro-circo que dirixirá Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario do autor.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/11/2018

Xa rematou

Horario:

19.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o aceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

8,00 / 10,00 / 14,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 6,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%) (familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes))

(Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto)

(As persoas compradoras de entradas con desconto deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Pistacatro prepárase, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), para o que será o seu novo proxecto "Arnoia Arnoia: o Circo da Casa Pequena".

Sinopse: O Circo da Casa Pequena presenta a historia de Nmonadah, adolescente que con 16 anos perde os seres queridos nunha guerra. Os sanguinarios veciños asasinan a Nai Loretta.

Vese só para iniciar um camiño asexado por perigos que adquiren as formas luminosas e inquietantes dos artistas de circo: acróbatas, malabaristas excéntricos, escapistas, fakires, artistas e clowns.

Nmonadah debe superar as nove probas que o devolvan á súa casa pequena, terá que fuxir dos veciños, e enfrontarse ás adiviñas dos xigantes leberkholm, o cabaleiro da floresta, as damas adormecidas, o labirinto dos Grou, no mundo subterráneo, as caravanas dos homes sen nome, e os piratas do Calpurnia Abana.

Unha aventura na que non terá mais axuda que o amuleto Libredón e un castrón: Mestre Lionel.

Un circo no que os artistas en arriscadisimos xogos, poñen en perigo a súa propia memoria e identidade.

Unha lona de circo que é metáfora do mundo, coma sempre.

Unha conversa entre o mundo múltiple do imaxinario de Ferrín e o prodixioso mundo do circo de Pistacatro Fábrica de Soños, e o rol diplomático de Quico Cadaval, ordenando o tráfico.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión